top of page

Que se fai en debate?

icons8-classroom-96.png

O espírito do debate é o pensamento crítico na confrontación de dúas ideas opostas. O noso obxectivo será, entón, o de convencer a un xurado (coñecido como panel) a través de argumentos e datos de que a nosa posición é a correcta. Non só os temas a debater poden ser moi variados, se non que a postura adoptada será aleatoria, obrigándonos a pensar máis alá das nosas conviccións e crenzas.

 

No Club Debate Compostela practicamos varias modalidades de debate, sendo as que máis destacan o Debate Académico e o formato de Parlamento Británico (coñecido como BP).

Cada unha ten as súas particularidades, que se explican e interiorizan ao longo do curso, pero podemos diferencialos en catro chaves:

1. Características dos equipos: Mentres que en Debate Académico compiten 2 equipos de 4 persoas, en

    BP compiten 4 equipos de unicamente 2 persoas.

2. Tempo de preparación: Mentres que en Debate Académico a cuestión a debater se sabe dende                  semanas a meses de antelación, en BP as mocións só se coñecen 15 minutos antes do comezo do

    debate. Isto fai do Académico un debate máis rigoroso e do BP máis espontáneo e improvisado

3. Uso da información: O tempo de preparación permite que en Debate Académico se usen gráficas,

    estatísticas e toda clase de feitos, así como teñen peso argumentos de autoridade. En BP pola contra, só

    se usa argumentación pura, tendo que mecanizar calquera aseveración.

4. Forma de avaliación: Derivado dos puntos anteriores, os xuíces de Debate Académico teñen en conta

    unha serie de puntos que inclúen dende a argumentación á oratoria e a presentación. En BP o equipo

    gañador decídese por comparativas, avaliando unicamente o caso (argumentación) máis convincente

Introducion a BP
Artboard 1 copy.png
logocdc copy_2x.png
bottom of page