top of page

Isto é o que facemos

icons8-classroom-96.png
Formación en debate

Ó inicio de curso abrimos un período de formación aberto ó que pode asistir quen queira. Esta formación impártena os membros e exmembros máis veteráns do club. A nosa filosofía é aprender uns dos outros nun ambiente cómodo, todos xuntos e en igualdade.

galiza.png

Dende hai dous anos, decidimos celebrar o noso propio Torneo Nacional. Debatentes de toda a xeografía española viñeron até Santiago a competir e desfrutar da nosa terra.

icons8-lecturer-96.png
Ligas Internas

Para poñer en práctica o aprendido na fase de formación, contamos con dúas ligas internas, unha por cuadri e formato (académico e parlamentario).
Os equipos participantes compóñense equilibradamente de membros de todos os anos, dende novatos a veteráns.

icons8-party-96.png
icons8-confetti-96.png
icons8-confetti-96.png
Vida social

Non todo vai ser debater! Tamén adoitamos celebrar ceas, quedadas e facer comunidade. Non hai mellor xeito de facer amizades con estudantes de  moitas carreiras distintas!

icons8-traveler-96.png
Torneos estatais
e mundiais

Todos os membros de CDC teñen dereito a asistir a un torneo estatal coa inscrición pagada polo club. A maiores, anímase ós membros a que participen do circuíto de debate universitario español e axúdaselles no proceso.

Colaboración

Ademais de todo o anterior, tamén colaboramos con outras entidades formando, organizando torneos e dando apoio. Temos un forte compromiso co debate en Galicia.

logocdc copy_2x.png

Somos CDC

No mundo do debate académico sempre se empregan tres sólidos pilares para defender unha liña argumental. Como non queremos ser menos, debemos definir o Club Debate Compostela coas súas tres principais esencias.
 

O noso clube leva xa unha década dando voltas polos atrís,  traendo a Galicia varios campionatos nacionais, un campionato mundial (CMUDE 2016) e unha chea de historias e amizades tanto en Europa como en Sudamérica.
 

En segundo lugar, somos un clube con poucos apoios que sempre apostou pola autoformación dos máis veteráns aos novos membros do club. Cremos firmemente que somos nós os que máis ilusión e experiencia lle podemos imprimir á aprendizaxe dos novos.
 

Finalmente, os cdceiros non deixamos o atril sen máis.  Buscamos calquera escusa, ben sexa unha cea ou unha caña despois dunha intensa xornada, para poder seguir debatendo e aprendendo canda esta xenial familia de amigos.
 

É un orgullo para min ser parte desta asociación e un pracer abrirvos as portas de CDC!

Luis Maira, expresidente de CDC

bottom of page